BASES DA 2ª edición CONCURSO ESCOLAR "Ti Poder Ser O Que Queiras"

A compañía MATTEL ESPAÑA, S.A. (en diante “ MATTEL”), con domicilio social en r/ Aribau, número 200, Barcelona, con CIF A-08842809 e titular da marca BARBIE, convoca a segunda edición do Concurso Escolar “Ti Podes Ser O Que Queiras” (o “Concurso”), o cal se rexerá conforme as presentes bases legais (as “Bases”).

As Bases compleméntanse co Aviso Legal, a Política de Privacidade e a Política de Cookies. Estes textos deberán ser aceptados integramente con carácter previo á participación no Concurso e, unha vez aceptados, entenderanse incluídos nas Bases para os efectos legais oportunos.

  1. OBXECTO E ÁMBITO DO CONCURSO ESCOLAR “Ti Podes Ser O Que Queiras”.

    O Concurso ten como obxecto acabar cos estereotipos de xénero e fomentar a igualdade no colexio.

    Terá como obxectivos:

    • Empoderar a nenos e nenas para que se atrevan a soñar e ser o que queiran ser, dotándoos das ferramentas e o coñecemento para elevar a súa confianza e potencial e alcanzar as súas metas.
    • Loitar contra os estereotipos de xénero poñendo especial énfase no papel da muller ao longo da Historia.

    O Concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (cursos 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º) do conxunto de todos os Centros Educativos do Estado.

    < p>A inscrición no Concurso xestiónaa o/a docente de cada clase que desexe participar conforme á Cláusula 4.

  2. ÁMBITO TEMPORAL:

    O Concurso iniciarase o 16 de setembro de 2019, data na que se abre o período de inscrición.

    O período de inscrición e recepción de traballos será do 16 de setembro de 2019 ata o 16 de marzo de 2020, ambos inclusive.

    O Concurso finalizará en maio de 2020, cando os gañadores sexan anunciados no sitio web do concurso: www.programaescolartupuedesser.es.

    MATTEL resérvase o dereito de ampliar o prazo de inscrición e recepción de traballos se o considerase necesario ou conveniente, de acordo co descrito na Cláusula 10.

  3. ACEPTACIÓN DAS BASES:

    A participación no Concurso requirirá a aceptación expresa das Bases publicadas no sitio web do Concurso (www.programaescolartupuedesser.es).

    MATTEL resérvase o dereito a descalificar aos/ás participantes que incumpran as mesmas e, especialmente, calquera participación que vaia en contra destas Bases.

    Coa aceptación destas Bases os/as participantes comprenden os termos e condicións das mesmas e comprométense a cumprir coa normativa vixente que poida resultar de aplicación a este respecto, de modo que polo simple feito de participar no Concurso están a prestar o seu consentimento para someterse ás Bases e legalidade de forma total e irrevogable.

    A manifestación en contra por parte do/da participante, independentemente do momento en que se realice, implicará a súa exclusión da participación no Concurso e a exoneración de MATTEL de calquera compromiso adquirido co/coa participante.

  4. REQUISITOS E MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN

    A participación no Concurso é totalmente gratuíta. O docente participante deberá cumprir os seguintes requisitos:

    • Acceder ao sitio web do concurso (www.programaescolartupuedesser.es e completar o formulario de rexistro.

    • Aceptar os textos legais do Concurso, como o Aviso Legal, a Política de Privacidade, a Política de Cookies do sitio web e as Bases marcando as casas habilitadas para tal efecto.

    • Confirmar o rexistro.

      < p>Tamén será posible realizar o rexistro vía telefónica a través do número gratuíto 900670201, aínda que seguirá sendo preceptiva a aceptación expresa dos referidos textos legais a través do sitio web.

    Ao finalizar o proceso de inscrición, cada docente participante obterá un nome de usuario e contrasinal para poder acceder á súa Zona Privada (“Zona Privada”).

    Cada docente participante poderá inscribir a unha ou varias clases, cada unha das cales presentará o seu traballo, estando limitada a participación no Concurso a un traballo por clase.

    • Enviar en liña, a través da Zona privada do docente, un traballo por clase (un traballo, unha clase) de conformidade cos requisitos que se describen na cláusula 5, na categoría A ou B correspondente segundo o curso ao que pertenza a clase participante e dentro do período de inscrición e recepción sinalado na cláusula 2. Como excepción, aceptaranse traballos que correspondan a alumnos de ambas as categorías tanto nos centros escolares rurais agrupados (CRA), como nas clases de circo itinerantes, así como calquera outra modalidade que reúna similares características.

  5. PROPOSTA DE TRABALLO PARA PRESENTAR NO CONCURSO. REQUISITOS

    Cada clase rexistrada pode participar, independentemente da categoría de participación, cos seguintes dous (2) formatos de traballo:

    1.Opción 1: A clase pode participar realizando un cartel dos seus catro (4) referentes femininos actuais, as súas MULLERES PARA A HISTORIA, que vivan ou vivisen no século XXI, sendo polo menos unha delas española, e en cada un dos seguintes ámbitos:

    • POLÍTICA (presidentas, ministras, raíñas, políticas, filósofas…)
    • CULTURA (actrices, cantantes, pintoras, escritoras, xornalistas, compositoras, bailarinas…).
    • DEPORTE (nadadoras, atletas, levantadoras de peso, futbolistas, xogadoras de baloncesto, adestradoras…).
    • CIENCIA (astrónomas, inventoras, matemáticas, físicas, astronautas…).

    2.Opción 2: A clase pode participar realizando un < strong>vídeo que presente aos seus catro (4) referentes femininos actuais, ás súas MULLERES PARA A HISTORIA, que vivan ou vivisen no século XXI, sendo polo menos unha delas española, e en cada un destes ámbitos:

    • POLÍTICA (presidentas, ministras, raíñas, políticas, filósofas…)
    • CULTURA (actrices, cantantes, pintoras, escritoras, xornalistas, compositoras, bailarinas…).
    • DEPORTE (nadadoras, atletas, levantadoras de peso, futbolistas, xogadoras de baloncesto, adestradoras…).
    • CIENCIA (astrónomas, inventoras, matemáticas, físicas, astronautas…).

    Independentemente do formato elixido, o/a docente participante deberá subir o traballo desde a Zona Privada, e xunto co cartel ou o vídeo, un documento en formatot PDF de dúas caras como máximo, onde se describan as razóns polas que se propuxeron a esas 4 mulleres, a súa importancia e contribución á sociedade, xa que non abonda con que sexan famosas, podendo describir ademais o traballo realizado pola clase participante.

    Ademais, os alumnos e alumnas poderán contar con todas as técnicas ás que poidan acceder, desde as máis tradicionais, como a colaxe (co uso de pegamento e tesoiras), ata as máis innovadoras utilizando, por exemplo, calquera programa de ordenador que lles permita tratar imaxes e vídeos (Photoshop, editores en liña, etc.).

    No caso de que o grupo-clase realice un cartel, unha ilustración ou unha colaxe tradicional, o/a docente deberá escanear ou fotografar o traballo para poder envialo en liña a través da Zona Privada do docente en formato .jpg cun peso máximo de 2 MB. O cartel irá acompañado dun título que non poderá superar os 140 caracteres, que se poderá introducir na zona de subida de traballos da Zona Privada do docente.

    No caso de que o grupo-clase realice un vídeo, o/a docente deberá asegurarse de que estea en formato .mp4 e que non supere a duración dun 1 minuto, podendo explicar ademais o traballo realizado pola clase participante. O vídeo non deberá conter imaxes onde os menores de idade sexan recoñecibles. Este vídeo irá acompañado dun título que non poderá superar os 140 caracteres, habilitado na zona de subida de traballos da Zona Privada do docente.

    En ningún caso, e baixo ningún suposto, MATTEL será responsable do contido dos traballos que se presenten ao Concurso, responsabilidade que incumbirá única e directamente aos/ás participantes con total indemnidade para MATTEL.

    Os/as directores/as e docentes do conxunto dos Centros Educativos do Estado terán á súa disposición no sitio web do Concurso un material didáctico (relativo a cada un dos ámbitos: política, cultura, deporte e ciencia) que poderá ser utilizado na aula como apoio para a realización do cartel ou o vídeo.

  6. XURADO, PROCEDEMENTOS E DATAS:

    O xurado estará conformado por polo menos seis (6) membros: tres (3) representantes de Mattel e tres (3) persoas especializadas nos ámbitos da comunicación, igualdade de xénero e educativa, respectivamente (en diante, o “Xurado”).

    O Xurado fará unha preselección dos mellores traballos e logo fará unha selección dos dous (2) traballos gañadores, un da categoría A (1º, 2º, 3º de Ed. Primaria) e outro da categoría B (4º, 5º e 6º de Ed. Primaria).

    O xurado valorará en todos os traballos presentados os seguintes aspectos:

    • Repercusión, notoriedade e contribución á sociedade actual das mulleres elixidas dentro de cada área.
    • Argumentación de por que os alumnos e alumnas propoñen a esas catro (4) mulleres.
    • Orixinalidade, creatividade e calidade das técnicas artísticas empregadas na realización do vídeo ou cartel (en atención á idade dos nenos/as).

    Declararanse nulos e, por tanto, fóra de Concurso, todos os traballos que non se presenten nos formatos apropiados recollidos nestas Bases por cuestións de incompatibilidade de soporte.

    Unha vez seleccionado o traballo gañador, será publicado nno sitio web do Concurso (www.programaescolartupuedesser.es) en maio de 2020.

  7. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:

    Poderase participar nunha destas dúas categorías:

    • Categoría A (1º, 2º, 3º de Ed. Primaria)
    • Categoría B (4º, 5º e 6º de Ed. Primaria)
  8. PREMIOS

    Seleccionaranse dúas (2) clases gañadoras, unha por categoría. Cada unha recibirá unha experiencia consistente nunha actividade en grupo, valorada en CINCOCENTOS EUROS (500 €) (IVE incluído). O premio non poderá ser trocable en metálico.

  9. LEXISLACIÓN

    Os soportes físicos e os dereitos correspondentes dos traballos pasarán a ser de propiedade de MATTEL, quen poderá solicitar o envío do material orixinal de calquera traballo presentado, non tendo a obrigación de devolvelo.

    Con relación aos dereitos de propiedade intelectual os participantes ceden a MATTEL durante un prazo de 50 anos, sen límite territorial nin material, e con posibilidade de cesión a terceiros da totalidade ou unha parte dos dereitos patrimoniais obxecto da cesión, os dereitos de reprodución, edición en soporte papel e Internet, fixación, compilación, comunicación pública e explotación sobre os traballos elaborados

    MATTEL resérvase o dereito a procesar, adaptar, modificar e corrixir con total liberdade o traballo gañador co fin de adaptalo ás necesidades de promoción e difusión do Concurso e os seus resultados.

  10. DATOS PERSOAIS

    De acordo co establecido no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, infórmase aos docentes participantes de que os seus datos serán tratados por MATTEL ESPAÑA, S.A. (domiciliada en c/ Aribau, 200, 9º andar, 08036 Barcelona) para a única finalidade de xestionar a participación das clases ás que represente neste Concurso.

    O receptor da información proporcionada polos participantes deste Concurso é MATTEL, de modo que os datos persoais non van ser cedidos a ningún terceiro, salvo a axentes colaboradores que actúen no seu nome para a correcta celebración do Concurso e a remisión dos premios.

    A información persoal do participante que será tratada por MATTEL serán o seu nome e apelidos, centro educativo e clase/s á/ás que representa, enderezo de correo electrónico e toda a información que, de acordo cos axustes de privacidade do usuario, sexan facilitados polos participantes no Concurso. Alén diso, MATTEL poderá solicitar aos participantes máis información, como o enderezo completo, número de teléfono, número de identificación persoal e calquera outra información que se necesite para garantizar a correcta participación no Concurso, incluída a entrega e aceptación do premio en representación da clase gañadora. Os participantes do Concurso garanten a MATTEL que toda a información persoal solicitada e facilitada a posteriori será veraz e precisa.

    MATTEL conservará os datos persoais dos docentes participantes durante o tempo necesario para a correcta xestión da súa participación no Concurso e para contactalos en caso de resultar gañadora a/as clase/s ás que represente.

    As persoas que dean os seus datos, que garanten ser maiores de idade, poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición, enviando unha comunicación escrita a MATTEL ESPAÑA, S.A., r/ Aribau, 200, 10º andar, 08036 Barcelona.

    MATTEL garante que ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para controlar e manter a integridade, dispoñibilidade e confidencialidade da información persoal facilitada polos participantes.

  11. MODIFICACIÓNS E/OU ANEXOS

    MATTEL resérvase o dereito a realizar modificacións ou engadir anexos sobre as presentes Bases en relación coa súa mecánica e premio, sempre que as mesmas estean xustificadas ou non prexudiquen aos participantes, se realicen dentro do período de vixencia do Concurso, e se comuniquen a estes debidamente.

    MATTEL non será responsable se por caso fortuíto ou de forza maior, o Concurso non se puidese levar a cabo nalgún dos seus termos especificados nas presentes Bases, sen outra obrigación para MATTEL. En tal caso, MATTEL poderá optar pola publicación dunha nova mecánica polo mesmo medio para a difusión inicial do Concurso ou a anulación do mesmo, sen que xere ningún tipo de responsabilidade para MATTEL. Igualmente, MATTEL non será responsable polo mal funcionamento da Web.

  12. NULIDADE

    Se calquera disposición das presentes Bases fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais o resto de Bases e téndose tal disposición ou a parte da mesma que resulte afectada por non posta, salvo que, por resultar esencial ás presentes Bases, houbese de afectalas de forma integral.

  13. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

    As presentes Bases interpretaranse e rexerán de conformidade coa lexislación española. Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia, acceso, utilización ou contido das Bases, o docente participante e MATTEL renuncian expresamente a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someténdose á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Barcelona.