Ofrecémosche diversos contidos e actividades que che axudarán a traballar o tema co teu alumnado e a guiar o voso traballo de participación.

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

Existen dúas categorías de participación:

Categoría A

Categoría

Lehen Hezkuntzako 1., 2. eta 3. mailako gelak.

Categoría B

Categoría

Aulas de 4º, 5º e 6º de Primaria.

O xurado terá en conta a idade dos alumnos e alumnas nos criterios de avaliación dos traballos.

Como participamos?

Xa descubriron os teus alumnos e alumnas o valor do papel da muller ao longo da historia?
Investigaron as profesións das mulleres do seu ambiente?
Descubriron e identificaron estereotipos e desigualdades de xénero?

Agora é momento de dar con grandes referentes femininos para a nosa sociedade actual! Mulleres que lograron ser o que querían ser grazas ao seu empeño, ao seu esforzo e ás súas ganas, converténdose en modelos a seguir: políticas, cantantes, actrices, pintoras, futbolistas, científicas, aviadoras, empresarias... Anima aos teus alumnos e alumnas a elixir as súas propostas!

Todas as clases rexistradas podedes descargar o noso póster de MULLERES DA HISTORIA (grandes mulleres do pasado), e propoñémosvos complementalo creando o voso traballo (grandes mulleres da actualidade): Como grupo-clase deberedes traballar no recoñecemento de MULLERES PARA A HISTORIA, é dicir, catro grandes mulleres de hoxe, que vivan ou viviran neste século; tede en conta que polo menos unha delas debe ser española. Deberedes traballar en base a unha muller de cada un destes catro ámbitos:

presidentas,
ministras,
raíñas...
actrices, cantantes,
pintoras, escritoras,
xornalistas...
nadadoras, atletas, levantadoras de peso, futbolistas, xogadoras de balonceso, adestradoras…
astrónomas,
inventoras,
matemáticas,
físicas, astronautas...

Para reflectir e presentar este traballo, podedes facelo a través dun CARTEL en jpg de 2 MB como máximo ou cun VÍDEO de 1 minuto de duración como máximo en formato .mp4.

Ambas as opcións (cartel ou vídeo) deberán ir acompañadas dun documento explicativo en pdf de 2 caras como máximo. Podedes utilizar este documento explicativo para reflectir o traballo realizado polo grupo-clase.

Queremos saber quen son e por que as elixisches! Pensade ben nas razóns polas que as vosas catro propostas resultan relevantes para a nosa sociedade, porque non abonda con seren famosas... e poñédevos ao choio! Tedes ata o 16 de marzo para subir á zona privada unha foto ou imaxe escaneada do voso cartel ou vídeo de 1 minuto como máximo.

A técnica ou técnicas que utilicedes para crear o voso cartel é totalmente libre:< br>debuxo, fotografía, colaxe...

Traballo de participación

Xa tedes listo o voso traballo de MULLERES PARA A HISTORIA?

Se aínda non comezastes, lembrade que tedes ata o 16 de marzo para subir o voso traballo como grupo-clase na zona privada de profesores desta web, unha imaxe escaneada ou un vídeo de 1 minuto de duración como máximo. Lembrade que tedes que acompañar o cartel ou vídeo cun documento explicativo onde se reflicta o esforzo realizado polo grupo-clase.

Subir traballo

Agardamos ver a vosa participación,
sigamos facendo historia desde a IGUALDADE de xénero!

A participación implica a total aceptación destas bases.

¿Qué valorará el jurado?

PROPOSTA + CREATIVIDADE + IDEA + TEXTO + ORIXINALIDADE + IGUALDADE + RESULTADO!

O xurado valorará en todos os traballos presentados os seguintes aspectos:

  1. Repercusión, notoriedade e contribución á sociedade actual das mulleres elixidas dentro de cada campo e que vivan ou viviran neste século. O século XXI!
  2. Argumentación de por que os teus alumnos e alumnas propoñen a esas 4 mulleres.
  3. Orixinalidade, creatividade e calidade das técnicas artísticas empregadas na realización do cartel (en relación á idade dos nenos).