20 NOVAS BIOGRAFÍAS!

Traballa a igualdade na túa aula!

Descubre a contribución da muller ao longo da Historia cos nosos novos materiais didácticos.

Divertídevos cunha chea de dinámicas prácticas de traballo e role playing e investigade na vosa contorna na procura de referentes próximos. Agora xa tedes 60 biografías de mulleres relevantes da historia coas que inspirarvos.

Descarga o noso material didáctico exclusivo!

Con el ofrecémosche diversos contidos e actividades que che axudarán a traballar o tema co teu alumnado e a guiar o voso traballo de participación no concurso.

Cada unha das 4 unidades didácticas está centrada nunha das áreas que propoñemos abordar no traballo de participación e todas elas constan das seguintes partes:

  1. Introdución

  2. Evolución histórica desde a antigüidade ata hoxe
    Mulleres da historia

  3. Pautas de investigación. Actualidade
    Mulleres pola historia

  4. Exercicios prácticos
    para traballar na aula ou coa familia

Descárgaas aquí e empecemos a facer historia!