De entre todos os temas posibles para un programa escolar, por que este?
Este programa de sensibilización nace co obxecto de axudar á transmisión de valores de respecto, contribuíndo a favorecer a igualdade real e efectiva entre nenos e nenas, para axudarlles a reflexionar sobre a súa propio potencial, crer nas súas posibilidades, de forma que poidan alcanzar as súas metas e lograr ser o que queiran ser.
Cremos firmemente no poder dos nenos e as nenas como axentes de cambio da nosa sociedade, e que tal cambio se consegue adquirindo a Competencia social e cidadá para relacionarse e interactuar, interpretar de forma crítica os medios sociais e culturais desde o principio de igualdade, e permitindo que cada neno e nena desenvolva un bo autoconcepto e adquira confianza sobre o seu potencial por medio da Competencia en autonomía e iniciativa persoal.
No programa "Tú Puedes Ser Lo Que Quieras" ofrecémosche novos materiais didácticos actualizados e agora tamén vídeos, cos que poderás traballar cos teus alumnos e alumnas
Se non se estudan é coma se non existisen, de aí a necesidade de visibilizar as enormes contribucións que realizaron as mulleres ao longo da historia e de recuperar estes referentes esenciais da civilización.
Segundo a Lei Orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes (Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo):
Artigo 24. Integración do principio de igualdade na política de educación.
2. As Administracións educativas, no ámbito das súas respectivas competencias, desenvolven, con tal finalidade, as seguintes actuacións:
Pola súa parte, a LOMCE, continúa con este compromiso nos seus obxectivos e por medio das Competencias chave e está incluído no currículo en varias áreas curriculares.
(LOMCE - Obxectivos)
d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade.
m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.
(LOMCE - Artigo 10. Elementos transversais)
3. As Administracións educativas fomentarán o desenvolvemento dos valores que fomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero, e dos valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social. Evitaranse os comportamentos e contidos sexistas e estereotipos que supoñan discriminación.
4. Os currículos de Educación Primaria incorporarán elementos curriculares orientados ao desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor. As Administracións educativas fomentarán as medidas para que o alumnado participe en actividades que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
O SER HUMANO E A SAÚDE. Contido: A igualdade entre homes e mulleres.
VIVIR EN SOCIEDADE. Contido: Empregabilidade e espírito emprendedor.
AS PEGADAS DO TEMPO. Contido: O tempo histórico e a súa medida.
A IDENTIDADE E A DIGNIDADE DA PERSOA. Contido: Desenvolver o propio potencial, mantendo unha motivación intrínseca e esforzándose para o logro de éxitos individuais e compartidos. Crear unha imaxe positiva de si mesmo/a tomando decisións meditadas e responsables, baseadas nunha autoconcepción posiitiva.
A CONVIVENCIA E OS VALORES SOCIAIS. Contidos: Comprender a declaración de igualdade de dereitos e a non discriminación por razón de sexo (...), analizándoa na contorna social. Comprender e valorar a igualdade de dereitos de homes e mulleres.
Por outra banda, a Comisión de Igualdade do Congreso aprobou recentemente unha iniciativa para aumentar a presenza de mulleres nos libros de texto e recoñecer así o seu necesario papel na historia, e fálase xa dunha futura materia obrigatoria sobre igualdade.